PREVIA OK LIGA (X25) | Rematar o empezado

PREVIA OK LIGA (X25) | Rematar o empezado

A fase regular da OK Liga 22/23 está a tan só dúas xornadas unificadas da súa finalización e con obxectivos aínda pendentes. É o caso do Deportivo Liceo, que depende de si mesmo para disputar o playoff polo título como segundo clasificado. Un triunfo ante o colista Vilafranca en Riazor (sábado 15, 17:00h) serviría para lograr matemáticamente este paso na defensa do entorchado.

O encontro será retransmitido por OK Liga TV (canle de YouTube) e estará dirixido polos colexiados Pablo Nicieza Elosegui e Luis Mier Sánchez.

Dúas oportunidades para asegurar o posto

O conxunto de Juan Copa deberá recuperarse física e mentalmente da súa derrota deste xoves fronte ao Oliveirense, que supuxo a eliminación da WSE Champions League. De todas formas, a situación para conseguir este segundo posto regular é positiva.

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Actualmente, o Liceo xa ocupa o posto grazas aos seus 56 puntos. O terceiro é propiedade do Calafell, que suma 51. Un bo resultado fronte ao Vilafranca implicará o obxectivo, aínda que no peor dos casos existiría outra oportunidade na pista do Lleida (30 de abril, 17:00h).

Fronte a un Vilafranca necesitado de puntos

O rival desta penúltima xornada chegará ao Pazo dos Deportes nunha situación realmente comprometida. O recén ascendido Vilafranca deberá puntuar si ou si para non descender de forma matemática.

O Vilafranca deberá puntuar para non descender matemáticamente á OK Prata

Os cataláns son os actuais colistas da competición e, a pesar da gran reacción das últimas datas, os seus números continúan sen cadrar. As tres vitorias consecutivas e o empate colleitados no último mes serven para un insuficiente acumulado de 12 puntos. É un menos que os 13 do Sant Cugat e catro menos que os 16 do Arenys, sendo este último o primeiro equipo que mantería a categoría.

O seu técnico, Toni Aranda, chegará a Riazor tras ser nomeado como o mellor adestrador da OK Liga do mes de marzo.

Baixa de Àlex Rodríguez

Juan Copa poderá contar con tódolos seus homes excepto con Àlex Rodríguez, que será baixa por acumulación de cartóns azuis.

A convocatoria, polo tanto, queda conformada polos seguintes xogadores: Martí Serra, Mati Bridge, Sito Ricart, Bruno Di Benedetto, César Carballeira, Pol Manrubia, Dava Torres, Fabri Ciocale, Arnau Canal, Àlex Rodríguez e Fran Torres.

Deixa un comentario