CRÓNICA WSE CHAMPIONS LEAGUE (Grupos, X3) | Máis vivos que nunca (3-4)

CRÓNICA WSE CHAMPIONS LEAGUE (Grupos, X3) | Máis vivos que nunca (3-4)

O Joan Ortoll de Calafell foi testemuña dun chisco de ADN Liceo. Juan Copa e os seus xogadores tiraron de calidade e traballo para sumar de tres por primeira vez na WSE Champions League. Son xa un total de 4 que manteñen ós verdibrancos terceiros do Grupo A e totalmente vivos dentro da loita pola clasificación.

Vestidos completamente de negro e dourado, os hoxe visitantes foron partícipes dun xogo intenso que xa deixou dous cartóns azuis (un para cada equipo) ós tres minutos. Os receptores, Pol Manrubia e Sergi Miras tras un lance que non foi a máis. Paradóxicamente, o número de faltas non foi moi elevado ó rematar a primeira metade (4-4).

Atacou máis o Liceo nos compases iniciais. Mediante Pol e Bruno Di Benedetto, o meta Gerard Camps debeu empregarse a fondo desde o principio. Non puido deter o 0-1 do francés (minuto 4) despois de que redirixira un pase desde propia pista de Àlex Rodríguez.

Boa actuación de Martí Serra

Martí Serra tampouco puido quedar precisamente quieto. Tralo golpe, o Calafell aumentou o seu protagonismo ofensivo e obrigou a lucirse ó meta visitante. Deixou unha gran dobre parada ó perigoso Martí Casas (autor de 32 goles este curso) e unha tripla fronte a el e Escala. Os homes de Ferran López, sen embargo, lograron empatar no minuto 15 mediante Jordi Ferrer nunha xogada similar ó 0-1 coruñés.

O descanso chegou cun 1-2 favorable grazas ós goles de Bruno Di Benedetto e Dava Torres

Aí foi cando apareceu Àlex Rodríguez, asistente unha vez máis, para que o capitán Dava Torres colocara o 1-2 que chegaría ó entretempo. Pase da morte e remate no segundo pau.

Tensión ata o final

Gañar non ía ser fácil a pesar do gran regreso liceísta. Os homes de Juan Copa foron mellores durante os minutos iniciais do segundo acto e demostrouse tanto con ocasións como con goles.

Primeiro co de Arnau Canal (minuto 36) cun potente disparo desde dereita hacia a escadra máis alonxada. Despois co tanto de Sito Ricart, hábil para superar a Camps nun man a man tras pase de César, co Calafell moi adiantado.

El 1-4 no cerró un partido que acabó con el Calafell luchando por el empate hasta el último segundo

Os últimos cinco minutos, sen embargo, ameazaron seriamente o 1-4. Aí debeu aparecer a versión máis traballadora do Deportivo Liceo. Ó cometer a décima infracción, Martí Serra detivo o lanzamento de Casas pero os colexiados sinalaron penalti por retención de bóla. O exliceísta Sergi Miras anotou o 2-4 e pouco despois, noutra pena máxima, o 3-4.

Incluso con cinco de pista, os de Ferran López obrigaron ó conxunto coruñés a dar o mellor de si mesmo para aguantar. Finalmente, os puntos tinguíronse de negro e dourado. Un bo espaldarazo de moral para afrontar o difícil duelo de OK Liga ante o Barça (domingo, 12:00h).

FICHA TÉCNICA

CALAFELL: Gerard Camps; Arnau Xaus, Joan Escala, Martí Casas, Sergi Miras (quinteto inicial), Oriol Palau, Jordi Ferrer, Borja Espinosa, Curro Fernández e Marc Solans (meta suplente).

DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; César Carballeira, Pol Manrubia, Dava Torres, Àlex Rodríguez (quinteto inicial), Sito Ricart, Bruno Di Benedetto, Fran Torres, Arnau Canal e Mati Bridge (meta suplente).

ÁRBITROS: Pedro Silva e Carlos Correia (Portugal). Mostraron cartón azul a Sergi Miras por parte do Calafell e a Pol Manrubia no Deportivo Liceo.

GOLES: 0-1 (Bruno Di Benedetto, min. 4). 1-1 (Jordi Ferrer, min. 11). 1-2 (Dava Torres, min. 15). 1-3 (Arnau Canal, min. 36). 1-4 (Sito Ricart, min. 43). 2-4 (Sergi Miras, de penalti, min. 44). 3-4 (Sergi Miras, de penalti, min. 47).

WSE Champions League 2023, Fase de Grupos, Xornada 3. Pavelló Municipal Joan Ortoll (Calafell).

Deixa un comentario