Imaxe: Manu Boutureira.
Non existiu a fortuna para o Deportivo Liceo, que caeu ante a AD Valongo (1-2) tras un choque realmente parello. Ambos equipos enfrontábanse poucos días despois de facelo en terras portuguesas.
O partido comezou cun intenso intercambio de golpes, pero foi o Valongo o que xenerou máis perigo ofensivo. Martín Rodríguez saíu como titular en lugar de Carles Grau, que xa xogara o partido completo ante o FC Porto, e salvou varias oportunidades de gol dos lusos a poucos minutos do inicio. Tampouco estivo precisamente parado o Deportivo Liceo, que gozou de ocasións a través de Dava Torres e Marc Grau, pero o 0-0 parecía irremediable no ecuador da primeira metade.
A acción instalouse na mesma igualdade coa que rematou o anterior e recente choque de Portugal. Continuou a excelente actuación de Martín, convertido nun xigante para os atacantes do Valongo ata que Rúben Pereira logrou superalo. O 0-1 adornou o marcador do Pazo dos Deportes cando só quedaban cinco minutos para o descanso. Puido ser un 0-2, pero o máis que mencionado Martín detivo un man a man do visitante Nuno Santos.
A sorte caeu hacia o lado visitante
A igualdade coa que se presentou o partido na primeira parte continuou na segunda, pero en forma de penaltis errados. O do luso Rafael Bessa foi detido polo liceísta Carles Grau, que saíu en lugar de Martín unha vez reanudado o xogo. Pouco despois, o visitante Carlos Ramos viuse obrigado a deixar a pista debido a un forte golpe.
Tras dez minutos de intercambio, o Liceo logrou establecer o empate no marcador gracias a unha pena máxima transformada por Dava Torres. Carles Grau encargouse de defendelo de forma maxestuosa cando, sesenta segundos despois, anulou dúas claras oportunidades do Valongo. Finalmente, o equipo portugués foi quen de lograr o 1-2 gracias a un lanzamento directo de Nuno Araújo, a pesar de que Maxi Oruste tivo na súa man o colocar novamente as tablas.
FICHA TÉCNICA
DEPORTIVO LICEO: Martín, Jordi Adroher, Maxi Oruste, Franco Platero y Roby di Benedetto. Tamén xogaron Carles Grau, Dava Torres, César Carballeira e Marc Grau.
AD VALONGO: Ricardo Silva, Nuno Santos, Carlos Ramos, Rafael Bessa, Nuno Araújo (cinco inicial). Tamén xogaron Mendes, Diogo Fernandes, Diogo Barata e Rúben Pereira.
GOLES: (Rúben Pereira, min. 20). 1-1 (Dava Torres p., min. 36). 1-2 (Nuno p., min. 43).
INCIDENCIAS: Partido amigable disputado no Pazo dos Deportes de Riazor entre o Deportivo Liceo e o Valongo. Sen espectadores.