O Deportivo Liceo reaccionou ao grande tras a derrota cultivada a pasada semana ante o Noia en Riazor. Lonxe de levantar dúbidas, os pupilos de Juan Copa deron un paso á fronte na súa visita á pista do Palafruguell na que os tantos de Dava (3), Roberto dei Benedetto e Marc Grau, en dúas ocasións, e Maxi Oruste e Facu Bridge serviron aos herculinos para liquidar un encontro que durou pouco máis de 20 minutos.
Nese tempo, os liceístas, que aos 5 minutos xa tiñan dous tantos de vantaxe, finiquitaron a un cadro catalán que nunca foi rival para os de Copa. Con moita máis claridade, xogando ben desde os fondos e con máis paciencia no ataque catro para catro que o demostrado noutras ocasións, os coruñeses sentiron moi cómodos sobre a pista.
Nin o tanto de Ferrán García tras anotar unha falta directa por unha azul a Marc Grau ( min7) serviu para darlle emoción a un choque que ao descanso reflectía xa un claro 1-5 a favor do Deportivo Liceo.
O tanto de Dava Torres nada máis volver dos vestiarios acabou con calquera intento de meterse no partido por parte dun Palafruguell que en moitos momentos temeu que se repetise un marcador de escándalo como o cultivado na primeira volta en Riazor (13-0).
Consciente da superioridade do seu equipo, Juan Copa aproveitou os minutos finais para dosificar o esforzo dos seus xogadores pensando no enfrontamento do próximo sábado #ante o Saint Omer en Riazor, no que os herculinos poderían deixar sentenciado o seu pase na liga Europea.
FICHA PARTIDO:
Palafruguel: Marcel Luzón, Marc Figa, Borja Contreras, Rubén Ruíz, Sergi Canet –cinco inicial- Mikel Abeal, Ferrán García, Marcel Martínez y Xavier Aldrich.
Deportivo Liceo: Carles Grau, Roberto di Benedetto, Franco Platero, Dava Torres y Mar Grau –cinco inicial- Bruno di Benedetto, Maxi Oruste, Fabricio Ciocale y Facu Bridge.
Goles: 0-1, min 2: Marc Grau; 0-2, min 5: Roberto di Benedetto; 1-2, min 7: Ferrán García; 1-3, min 14: Maxi Oruste; 1-4, min 18: Roberto di Benedetto; 1-5, min 24: Dava Torres; 1-6, min 25: Dava Torres; 1-7 min 30: Dava Torres; 1-8, min 40: Marc Grau; 1-9, min 41: Facu Bridge; 2-9, min 42: Ferrán García.
Colexiados: Alberto López y Joel García. Azules: Marc Grau (min 7); Xavier Aldrich (min 19)
Incidencias: 16º xornada OkLiga. Pavillón D’Sports