Imaxe: Hockey Global (Mónica Arcay).
Tal e como ocorreu na vitoria fronte ó Girona, o Pazo dos Deportes de Riazor poderá albergar a socios do Deportivo Liceo nas súas bancadas. Serán un máximo de 500 asistentes, que terán que seguir exactamente o mesmo proceso có venres.
As persoas interesadas deberán dirixirse mediante correo electrónico a prensa@hockeyclubliceo.com aportando unha serie de datos imprescindibles, e tendo en conta que por cada mail estarán permitidos un máximo de 4 asistentes: NOMES COMPLETOS de todos eles, os seus DNIs e un NÚMERO DE TELÉFONO. O prazo rematará o luns 7 de decembro (data do partido) ás 14:30h.
Os elixidos e elixidas recibirán un correo de confirmación coa información necesaria para entrar ó Pazo de forma ordeada e segura. Así pois, unha vez dentro do recinto deberanse seguir en todo momento as medidas sanitarias oportunas (mascarilla e distancia social).