Arnau Xaus, primeira fichaxe do Liceo para o curso 24/25

Arnau Xaus, primeira fichaxe do Liceo para o curso 24/25

18 de xuño de 2024


O catalán procede do Calafell e asina ata 2027 nun movemento levado a cabo da man de A Barbería.

O novo e ambicioso proxecto do Liceo para a tempada 24/25 vai tomando forma. A primeira peza en chegar a Galicia é Arnau Xaus, talentoso atacante catalán que vestirá de verde e de branco ata 2027 nun movemento levado a cabo da man de A Barbería.

Xaus, de 27 anos e procedente do Calafell, completou a campaña 23/24 como o segundo máximo realizador da OK Liga con 31 goles. Foron un total de 43 sumando o resto de competicións. No conxunto catalán, ó que chegou en 2019, acumulou máis dun centenar de dianas.

Previamente ó seu paso por Calafell, o xogador de Pla do Penedès militou un ano no Juventude de Viana portugués. Tamén no Noia, onde deu os seus primeiros pasos na OK Liga. Ademais, formou parte da selección española na Copa das Nacións do pasado mes de marzo.

A de Arnau Xaus é unha chegada que estará acompañada doutras. Entre elas cubrirán as baixas xa confirmadas de Tiago Rodrigues, Sito Ricart, Tomás Pereira e Guido Pellizzari.

Deixa un comentario